martes, 15 de abril de 2014

Normas de competición

Queremos recordar brevemente as normas de competición da Liga de Tenis 2014, para poder levar ordenadamente os partidos.

1.- Cando haxa un enfrontamento, é necesario RESERVAR a pista con antelación para que en caso de non utilizala, poder ser usada por outros xogadores. Esta reserva faise introducindo o D.N.I. dos xogadores no día e hora que está na aplicación.
É importante desbloquear as pistas en caso de non utilizalas para poder ser aproveitadas por outros compañeiros.

2.- Antes de cada partido e necesario falar cos rivais para concretar a hora e día, xa que moitas veces pode haber despistes polos distintos partidos.

3.- Unha vez finalizado o encontro, é necesario introducir o resultado na aplicación de CLASIFICACIÓN, para poder ter actualizados os distintos grupos.

4.- En caso de que algún xogador queira recuperar ou adiantar partidos, pode facelo en horario de mañán, nos ocos do calendario dispostos para tal fin, ou na fin de semana.

5.- É importante non levar moitos partidos aplazados, e no caso de ter unha lesión de longa duración, deberase comunicar a organización.

Cumprindo estas sinxelas normas, a competición discurrirá moito mellor.... sorte a todos/as !!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario