viernes, 11 de abril de 2014

Comenza a Liga de Tenis de Negreira 2014

 A partir do luns 14 de abril e ata o 1 de agosto terá lugar a Liga de Tenis Municipal do Concello de Negreira, unha edición na que se espera que haxa unha gran igualdade en todas as categorías como en anos anteriores.

A competición está composta por catro categorías onde se manterán os ascensos e descensos, e o sistema de competición é similar a de outros anos, xogando de luns a venres nas Pistas de Pedra Mámoa.

Moita sorte a todos e que sexa unha Liga tan competida como as pasadas edicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario