lunes, 9 de mayo de 2016

Comenza a Liga de Tenis 2016

A partir do luns 9 de maio ata o 8 de xullo terá lugar a Liga de Tenis Municipal do Concello de Negreira, unha edición na que se espera que haxa unha gran igualdade como en anos anteriores.

A competición está composta por duas categorías onde o sistema de competición é similar a de outros anos, xogando os luns, martes e mércores nas Pistas de Pedra Mámoa.

Moita sorte a todos e que sexa unha Liga tan competida como as pasadas edicións.

lunes, 30 de junio de 2014

Último mes de competición


O mes de xullo será o derradeiro mes da Liga de Tenis 2014, polo que solicitamos a colaboración de todos os xogadores para que actualicen os seus partidos e disputen en plazo todos os seus enfrontamentos.


Queremos pedir a axuda de todos para poder rematar a competición no tempo establecido no inicio de Liga.

Si tedes partidos aplazados tratade de xogalos o máis axiña posible para ter as clasificacións actualizadas e poder coñecer como van a quedar as distintas categorías.


Tamén avisaremos en vindeiros días como quedará a cena fin de tempada na que se entregarán os trofeos e os agasallos para os participantes.

Moita sorte.....

lunes, 9 de junio de 2014

Chegan as temidas lesións á Liga de Tenis

Despois de dous meses de competición, as lesións cébanse con algúns xogadores da Liga de Tenis, e desgraciadamente comunicaron á organización que non poden seguir disputando os seus partidos.
Estes xogadores son:

- JOSÉ QUINTÁNS CASTRO (1ª DIVISIÓN)
- JAVIER FERREIRO RODRIGUEZ (2ª DIVISIÓN)
- SERGIO ALHAMBRA SANTOS (3ª DIVISIÓN)

Todos os resultados destes xogadores quedan anulados, polo que avisamos os tenistas destas categorías desta incidencia.

En canto a clasificación de momento están todas as categorías moi reñidas sin favoritos claros, polo que se aventura un final de Liga moi disputado e igualado.

Pedimos a colaboración de todos os participantes para que xoguen en plazo os partidos aprazados, e poidamos acabar o día marcado.

martes, 15 de abril de 2014

Normas de competición

Queremos recordar brevemente as normas de competición da Liga de Tenis 2014, para poder levar ordenadamente os partidos.

1.- Cando haxa un enfrontamento, é necesario RESERVAR a pista con antelación para que en caso de non utilizala, poder ser usada por outros xogadores. Esta reserva faise introducindo o D.N.I. dos xogadores no día e hora que está na aplicación.
É importante desbloquear as pistas en caso de non utilizalas para poder ser aproveitadas por outros compañeiros.

2.- Antes de cada partido e necesario falar cos rivais para concretar a hora e día, xa que moitas veces pode haber despistes polos distintos partidos.

3.- Unha vez finalizado o encontro, é necesario introducir o resultado na aplicación de CLASIFICACIÓN, para poder ter actualizados os distintos grupos.

4.- En caso de que algún xogador queira recuperar ou adiantar partidos, pode facelo en horario de mañán, nos ocos do calendario dispostos para tal fin, ou na fin de semana.

5.- É importante non levar moitos partidos aplazados, e no caso de ter unha lesión de longa duración, deberase comunicar a organización.

Cumprindo estas sinxelas normas, a competición discurrirá moito mellor.... sorte a todos/as !!!!

viernes, 11 de abril de 2014

Comenza a Liga de Tenis de Negreira 2014

 A partir do luns 14 de abril e ata o 1 de agosto terá lugar a Liga de Tenis Municipal do Concello de Negreira, unha edición na que se espera que haxa unha gran igualdade en todas as categorías como en anos anteriores.

A competición está composta por catro categorías onde se manterán os ascensos e descensos, e o sistema de competición é similar a de outros anos, xogando de luns a venres nas Pistas de Pedra Mámoa.

Moita sorte a todos e que sexa unha Liga tan competida como as pasadas edicións.